REALIZACIÓN
Rufo García é o alcume que emprego para firmar os traballos de realización de imaxe que compaxino co mundo do son. Neste eido son operador de cámara, dirixo pezas audiovisuais e traballo coma Director técnico audiovisual no control de cámaras e son do Parlamento de Galicia.
No ano 2016 salto á producción audiovisual no xénero documental con múltiples seleccións internacionais en importantes festivais coma a “Mostra Internacional de Cine de Sao Paulo”. Neste proceso coñezo de primeira man cómo levar a cabo un proxecto dende a primeira idea ate as salas de cine. Esto supón un punto de inflexión na miña traxectoria, á que engado a creacción e desenrolo de proxectos cinematográficos.
Na miña formación coma cineasta asisto a numerosos talleres con profesores da talla de José Luis Guerín, Albert Serra ou Oliver Laxe.
En 2021 dirixo “Urdimbre: historia de una desaparición” unha curtametraxe que viaxa entre o técnico e o artistico.
Na actualidade sigo compaxinando o son e a imaxe coa creacción e dirección cinematográfica.